Wednesday 20 de August de 2025

O CeMIT de Ribeira elixida entre 10 aulas de Galicia para impartir o obradoiro creativo “Tech Kids”.


No día de hoxe tivo lugar a presentación destes exclusivos obradoiros que presentaron; o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta xunto ao concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones.

A Aula CeMIT de Ribeira foi novamente elixida entre outras 10 aulas de Galicia para impartir unha nova edición do programa “Tech Kids” en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), dirixido a rapazada de entre 12 e 18 anos aproximadamente, co fin de poñer en práctica o seu talento dixital, a súa capacidade resolutiva e a súa creatividade.

Segundo o concelleiro de Novas Tecnoloxías, “tal é como íamos informando, a idea é que pouca a pouco a rapazada poida ir facendo unha formación dun nivel un pouquiño máis elevado, nun nivel intermedio en tecnoloxía “maker” onde imos a traballar en deseño e fabricación en 3D, robótica educativa, programación de videoxogos e programación con drons”. Suárez-Puerta informou que o programa Tech Kids “Argallando entre xeracións”, é obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo que terá lugar os días 27, 28 e 29 de agosto (mércores, xoves e venres), para rapazada a partir de 12 anos (aproximadamente), en horario de 10:00 a 12:30 horas.

Colomer informou que estes obradoiros serán de balde e “terán un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos disruptivos que temos na Aula CeMIT”.

As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións dos rapaces como ao uso de tecnoloxías disruptivas como por exemplo; deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación de drons.

Tras as sesións formativas, os participantes poderán participar (sempre de forma voluntaria) nun reto científico-tecnolóxico, que mestura a tecnoloxía e innovación coa cultura e a tradición; co fin de impulsar a súa creatividade coñecendo o uso e aproveitamento do equipamento e materiais dos que dispón a Aula CeMIT. A páxina do reto é: https://argallando.gal/

Para rematar o concelleiro de Sanidade salientou que ofrecer alternativas de ocio e formación para os mozos e mozas, “é a liña de traballo deste Goberno para evitar as condutas aditivas que tantos problemas nos están xerando neste nicho de poboación”

Inscricións:
Prazas: 23/24
Teléfono: 981 87 60 43
Correo: cemit.ribeira@xunta.gal
Web: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira

Deja un comentario