Tuesday 19 de August de 2025

Carral celebra este sábado a VI Festa da Auga


• Esta actividade, que celebra o final do verán, terá lugar en horario de 16:00 a 20:00 horas nas piscinas municipais.

• Haberá inchábeis para todas as idades e festa da escuma para pechar a xornada.

Carral celebrará este vindeiro sábado, 23 de agosto, a sexta edición da Festa da Auga para clausurar a tempada de piscina, que pecharán as súas portas o 7 de setembro.
Esta actividade, que será de acceso libre, desenvolverase de 16:00 a 20:00 horas, tempo no que as persoas participantes poderán gozar de inchábeis, haberá para adultos e para rapazada, e dunha festa da escuma para pechar a xornada, que se realizará en horario de 19:00 a 20:00 h.

Durante este tempo, co obxectivo de atender a gran afluencia de xente nas piscinas, reforzarase o servizo de socorrismo. Ademais, estará presente o servizo municipal de emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil, ademais de ambulancia.
En edicións anteriores participaron unhas 400 persoas ao longo de toda a tarde e, desde o goberno local, esperan que este ano a festa volva a ter unha gran acollida entre a veciñanza.

Deja un comentario