Tuesday 19 de August de 2025

Acto de homenaxe a Ánxel Casal


O vindeiro martes 19 de agosto, ás 19:00 h, o BNG organiza un acto en homenaxe a Ánxel Casal, alcalde nacionalista asasinado en agosto de 1936 polo fascismo español, xunto á estatua erixida na súa honra ao carón da Biblioteca Pública que leva o seu nome, na compostelá avenida Xoán XXIII. En dito acto falarán a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, o portavoz do BNG en Teo, Eloi Devesa e o membro da Executiva Nacional do BNG Bieito Lobeira. Asemade, no final farase unha ofrenda floral na honra do homenaxeado.

Máis tarde, ás 21:00 h, a homenaxe vai trasladarse a Teo para facer outra ofrenda floral no monólito en homenaxe a Anxel Casal e Pepiño Areosa, sito na travesía de Montouto, en Cacheiras, onde apareceron os corpos sen vida de Anxel e Pepiño.

Deja un comentario