
Alternativa denuncia que non se lles permita participar na Xunta de Compensación e se lles expropie como solo rústico
A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña elixiron o Monte Mero, no alto de Eirís e limítrofe coa Fábrica de Armas, para construír 4.000 vivendas en 400.00 metros cadrados de solo e das que se prevé que un 80% sexan protexidas e un 20% libres, das cales o 98% serán en edificios e o 2% en parcelas para chalés, o que supón 80 vivendas unifaminliares que se situarán en parcelas con vistas á ría. A posible urbanización do ámbito que afecta a un feixe de propietarios, moitos deles con vivendas e residentes na zona, é que as súas propiedades están calificadas como solo urbanizable, serán expropiadas prevéndose pagarlles as propiedades como solo rústico ao non estar urbanizadas.
A posibilidade de que os propietarios do solo participen no desenvolvemento da urbanización a través dunha Xunta de Compensación impídese ao elixir a Xunta de Galicia o sistema de expropiación para realizala como propietario único e evitar dilacións e decenas de trámites administrativos, o que lle vai permitir facer o que lles dea a gana, tanto na valoración do solo como nas vivendas afectadas.
Por outra parte, a Xunta de Galicia prevé vender o 20% das vivendas libres a promotores: un total de 800 vivendas, co que pensa resarcirse dos gastos que a urbanización lle suporá, incluídas as expropiacións… todo un choio!
Isto lévanos a unha suposta operación especulativa que financian os propietarios do solo, os que non se lles permite participar e os desafiuzan por catro pesos.
Se a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña queren facer pola vía rápida vivendas protexidas, e dado que o Goberno de España tamén segue esta liña, teñen unha posibilidade inmediata sen necesidade de expropiar como é o ámbito da Fábrica de Armas, onde xa existen diversos edificios que só terían que ser reformados, cun custo dun 80% máis económico e as vivendas poderían estar listas para entregar en 2027.
Esta posibilidade coartaría posibles especulacións dado que os promotores privados non terían cabida ao ser en solo do Estado.
Se hai que urbanizar, non se pode marxinar nin excluír aos veciños e veciñas!
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.