
O Goberno de Inés Rey dálle continuidade ao seu plan de actuacións para modernizar as tubaxes e colectores de recollida de augas. Actualmente, tamén se traballa nos Mallos e en Nostián, entre outros puntos da cidade
Nas vindeiras semanas arrincarán as obras de mellora previstas na rúa Ángela Blanco de Soto, no barrio dos Castros, onde o Concello actuará para renovar a rede de saneamento municipal, no treito comprendido entre Monte das Moas e Xeneral Salcedo Molinuevo.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, apuntou que esta quenda de traballos forma parte do plan de intervencións que o Goberno de Inés Rey está a desenvolver en todos os distritos da cidade co obxectivo de modernizar a rede de recollida de augas, actualizando os materiais e reforzar a súa seguridade.
“Temos traballos en marcha en barrios como Os Mallos e tamén en núcleos como Nostián, con obras dunha envergadura notable orientadas a que os colectores sexan máis resistentes e, desta forma, gañen durabilidade no tempo. E, a maiores, sumamos intervencións coma esta en Ángela Blanco de Soto, que arrincarán proximamente”, avanzou a concelleira.
O treito no que se levarán a cabo as melloras conta, a día de hoxe, con colectores antigos, de gres. Ao igual que xa se fixo en outras partes da cidade como a Agra do Orzán ou Monte Alto, traballarase na súa substitución para instalar outras tubaxes novas, de materiais como PVC, máis adaptados ás necesidades actuais da rede.
O investimento previsto polo Concello é de aproximadamente 50.000 euros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.