Monday 18 de August de 2025

O PP de Culleredo esixe ao goberno de Rioboo que renove de inmediato os seguros dos voluntarios de Protección Civil para restablecer o servizo


• Os populares denuncian a falta de previsión do alcalde #ante un pago que é anual e que dos 26.400 euros orzados en voluntariado en 2024, só se gastaron 5.400, un 20% do total

• Izaskun García, portavoz do Partido Popular: “O seu deixamento compromete non só a seguridade dos voluntarios, senón tamén a de toda a cidadanía”

O Partido Popular de Culleredo mostra a súa preocupación e malestar #ante a situación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello, que anunciou hoxe publicamente que se viu obrigada de novo a cesar temporalmente a súa actividade debido á inacción do goberno local. Segundo denuncian, os voluntarios atópanse actualmente nunha situación de total inseguridade operativa: o seguro de accidentes está en fase de prórroga desde o pasado 24 de xullo e o vehículo oficial tampouco dispón de cobertura activa. A isto, engaden, súmase a baixa da liña telefónica de coordinación co 112, ferramenta esencial para calquera intervención. Nestas condicións, aseguran, resulta imposible asumir operativos con garantías, nin prestar apoio en emerxencias ou en actos locais.
O PP denuncia a falta de previsión do goberno local #ante un pago que é anual e considera esta situación “grave” e “perfectamente evitable”. Lembra, ademais, que no orzamento de 2024 o Concello destinou 26.400 euros a voluntariado, pero só executáronse 5.400 euros, o 20% do total. É dicir, máis de 21.000 euros quedaron sen usar e agora os voluntarios de Protección Civil ven obrigados a frear o seu labor. “Non se trata dun fallo puntual, senón dunha alarmante falta de planificación por parte do alcalde e o seu equipo. O seu deixamento compromete non só a seguridade dos voluntarios, senón tamén a de toda a cidadanía”, sinala Izaskun García, portavoz popular, quen lamenta a imaxe que proxecta Culleredo, cuxo servizo de Protección Civil “era un referente hai anos”.
Por iso, o PP esixe que se renoven os seguros de inmediato, para que Protección Civil poida renovar a súa actividade a próxima semana con garantías. “O mínimo que se merece unha agrupación exemplar, con vocación de servizo e compromiso, é poder exercer o seu labor con seguridade”, apunta Izaskun García. “É lamentable que os voluntarios teñan que facer presión publicamente para que o goberno de Rioboo faga o seu traballo en tempo e forma. Culleredo non pode permitirse un goberno que improvisa cos servizos de emerxencia”, engade.

Deja un comentario