Saturday 16 de August de 2025

Día do Carme e Martes de Entroido festivos locais para o 2026


● Aprobados por unanimidade 517.000 euros en actuacións de saneamento, pavimentacións e dotación de auga potable

A Corporación Municipal de Ribeira celebrou dous plenos extraordinarios, no primeiro deles aprobáronse por unanimidade os proxectos presentados para aprobación da participación na segunda fase do POS+ 2025, determináronse os festivos locais; o martes de Entroido (17 de febreiro) e o Día do Carme (16 de xullo) coa suma dos 3 votos favorables do PBBI xunto aos 10 do PP por 5 votos en contra do BNG, 1 do PSdG, 1 do PBBI e 1 abstención do propio PBBI. A continuación o segundo pleno solicitado pola cuarta parte da Corporación tiña un único punto sobre a Modificación nº 2 das Bases de Execución do Orzamento 2025, prorrogado do 2024 que competen ás subvencións nominativas a entidades locais que saíu aprobado por unanimidade.

Aprobación da de 517.000 euros en actuacións de saneamento, pavimentacións e dotación de auga

Antes dos turnos de palabra o rexedor, Luís Pérez introduciu as propostas de actuacións vinculadas á ampliación de servizos básicos que se dotarán ás parroquias xunto co centro urbano de Ribeira. Pérez Barral informou que boa parte das propostas son froito da participación veciñal e das suxestións recollidas no formulario habilitado o pasado mes de xaneiro. Xunto a estas propostas tamén se incorpora algunha a raíz dalgún debate plenario da Corporación.

Polo xeral todas as propostas teñen que ver coa dotación de servizos fundamentais no rural; como pode ser a pavimentación, dotación de saneamento ou de auga potable.

As proposta planteadas foron: a renovación da rede de abastecemento e pavimentación en Fafián por cun orzamento total de 164.221,28 euros, a pavimentación do camiño de acceso ao aparcadoiro da praia das Dunas cun orzamento total de 46.370,64 euros, a pavimentación da rúa Mariño de Rivera cun total de 34.258,26 euros, a pavimentación e mellora dos servizos de abastecemento e pluviais en Parte ao Río na parroquia de Carreira por un total de 64.730,64 euros, pavimentación e renovación da rede de saneamento na rúa Alcalde Fernández Bermúdez por un total de 79.255,64 euros, ampliación do saneamento en Xenxides por 57.616,73 euros, e finalmente mellora de accesibilidade, pavimentación e renovación de servizos na Rúa Lagarto de Aguiño cun orzamento total de 70.587,29 euros.

Todo isto suma un orzamento total de 517.040,48 euros dos cales a maior parte son financiados pola Deputación da Coruña no que o Concello de Ribeira achega 60.000 euros. Na suma total anual, o alcalde informou que a Deputación da Coruña inviste 1.600.000 euros ao ano en Ribeira.

O tenente de alcalde, Vicente Mariño sinalou a importancia da pavimentación da estrada que da acceso ao aparcadoiro do Complexo Dunar, “unha intervención moi demandada por veciños e veciñas e tamén, unha boa carta de presentación para quen nos visite”. Tamén manifistou a importancia para Aguiño da primeira fase de pavimentación da rúa Lagarto e contextualizou sobre as obras que se están facendo na rúa Praia da Ribeira xunto a pavimentación proxectada para setembro da rúa Castelao.

O Concelleiro de Obras, Xabier Vidal, comezou o seu quenda de palabra falando das inversións no núcleo urbano de Ribeira que cualificou de
“históricas” cun montante final de 500.000 euros “en dous anos de Goberno”, Vidal enumerou a renovación de Fafián, tanto do saneamento coma do asfaltado, e tamén a rúa Alcalde Fernández Bermúdez, Cristobal Colón, Mariño de Rivera e Miguel Rodríguez Bautista. Finalizou lanzando a mensaxe de que son “7 obras, das cales 4 son en parroquias; todo isto reflicte no compromiso deste Goberno de seguir investindo en dotación de servizos básicos como é a auga potable e no saneamento, principalmente nas parroquias”.

Aprobouse por unanimidade a participación na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos POS+ 2025.

Festivos locais

Para o vindeiro ano 2026 o Día da Patroa (Santa Uxía) que se celebra o 12 de setembro, cae nun sábado o que fai que o devandito debate plenario sobre o día en cuestión non sexa o protagonista polo que a dinámica do debate virou neste pleno extraordinario, onde a proposta da Alcaldía era fixar como días festivos o 24 de xullo (venres), coincidindo coa celebración da Festa da Dorna, e o 17 de febreiro, correspondente ao Martes de Entroido. Ante esta proposta o PBBI presentou unha emenda á proposta fixando como festivos o Martes de Entroido (17 de febreiro) e o Día do Carme (16 de xullo).

Pérez Barral introduciu o debate defendendo a proposta da Alcaldía que responde á demanda maioritaria da veciñanza, así como dos sectores da hostalaría e do comercio, que levan anos reivindicando que ambas datas festivas teñen un forte arraigamento social e cultural. A Festa da Dorna, declarada de interese turístico, representa unha das celebracións máis singulares e participativas de Ribeira, mentres que o Martes de Entroido destaca pola súa tradición e capacidade para dinamizar a vida social e económica durante o inverno.

A continuación o rexedor pasoulle a quenda de palabra Juan José Segade, actual presidente da Cofradía da Dorna o cal en base ao
regulamento de participación veciñal, usou os 5 minutos regrados para facer a alegación ou defensa da súa posición neste punto do pleno extraordinario. Segade reivindicou o Acordo Plenario do 2015 que blindaba a festividade da Dorna salvo que caera nun domingo; Juan José tachou o cambio de postura en base a intereses electorais que “é o que se entende dende a Cofradía da Dorna”.

A continuación interviu o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, que subscribiu as palabras do presidente da Confraría da Dorna coa salvidade de que “os acordos plenarios certo é que están para cumprilos pero tamén se poden cambiar”. Colomer aludiu aos intereses electorais da elección dos festivos locais como “o día da marmota”, defendeu o martes de Entroido e tamén defendeu aos traballadores sinalando “que teñen o seu dereito asistir o que dentro de Ribeira é a festa máis importante e a que máis cantidade de cartos xera”. Rematou salientando que o seu grupo leva votando sempre a mesma proposta de martes de Entroido e a Festa da Dorna.

Na quensa de intervención do tenente de alcalde, Vicente Mariño defendeu a emenda rexistrada pola súa formación, comezou co Día do Carme polo o peso que ten para no sector do mar e tamén a súa forma singular das celebracións en Aguiño, Corrubedo e Palmeira, a posteriori falou da importancia para o sector hostaleiro da festividade do Martes de Entroido. Con esta emenda Mariño afirmou “defender os intereses da hostalería e do comercio local”.

Para rematar de Bricio fixo a alegación de que o seu partido sempre terá en conta nas súas propostas; o desenvolvemento económico e a
promoción do emprego e quixo deixar claro que esta proposta non entra en desacordo co Día da Dorna posto que coincide un venres e serían 3 días festivos.

A concelleira de Cultura comezou a súa intervención argumentando que “imos a seguir co noso compromiso de sempre co Martes de Entroido e co Día da Dorna”. A concelleira defendeu o Martes de Entroido polo enraizamento que ten no tecido social e na veciñanza, pola súa tradición en todo o municipio e polo importante estímulo económico que supón nunhas datas de pouca actividade económica.

Antía Alberte tamén defendeu do Día da Dorna argumentando que é unha Festa de Interese Turístico Galego “que move a milleiros de persoas e polo tanto, tamén xera moitos beneficios no tecido económico da localidade. Non só dinamiza a nivel hostaleiro xa que dende dá comezo ata que remata; ás rúas están cheas de xente de diversas idades”. Tamén falou da implicación da Dorna en diferentes actividades durante todo o ano; “a Dorna colabora en actividades culturais, en actividades benéficas, en actividades sociais e sobre todo o gran aporte que fan poñendo en valor a cultura mariñeira”.

A concelelira de Cultura rematou significando que “os festivos non só están para mercar, tamén están para descansar; as persoas teñen
dereito a poder gozar do seu tempo libre na maior festa da cidade”. Finalmente a emenda do PBBI saíu adiante coa suma dos 3 votos favorables do PBBI xunto aos 10 do PP (13) por 5 votos en contra do BNG, 1 do PSdG, 1 do PBBI e 1 abstención do propio PBBI.
Despois do remate do primeiro pleno extraordinario sobre as 21:00 horas comezou un segundo cun único punto a debater rexistrado pola cuarta parte da Corporación sobre a Modificación nº 2 das Bases de Execución do Orzamento 2025, prorrogado do 2024 que competen ás subvencións nominativas a entidades locais. Juan José Segade, novamente tomou a palabra por alusións á Confraría
da Dorna neste punto e en virtude á base do regulamento de participación veciñal.

Segade manifestou que se faltaba á verdade cando no pleno ordinario de xullo se dixo que a Dorna recibira a maiores dos 40.000 euros que ten de subvención nominativa: 5.500 euros en cartelaría, 3.500 dunha charanga vinculada a unha subvención da Deputación da Coruña asumida polo Concello por un 25% da mesma (875 euros), 7.500 euros de Urbaser, a seguridade da Policía Local e 10.000 euros en valados. Suárez-Puerta tomou a palabra rebatendo varios aspectos relacionados coa intervención de Segade pero máis alá destas puntualizacións Suárez-Puerta propuxo para os vindeiros orzamentos dobrar a contía da subvención nominativa a 80.000 euros “e que se diminúa a parte proporcional dentro da partida de Festexos; “desta forma non afectaría á regra de gasto e a Confraría da Dorna tería esa contía para facer o uso dos gastos directamente”.

Pola súa banda a concelleira de Facenda, Herminia Pouso reiterou a postura do seu grupo non estando da cordo coa subvención nominativa de Mares do Fin do Mundo poñendo en dúbida ese retorno económico desta actividade e reforzando esta postura; “despois de examinar a xustificación das contas da subvención presentada no ano 2024” argumentou que a maiores da concesión da nominativa por 18.000 euros o concello asumiu gastos pola publicidade da mostra, restauración, asistencia técnica por un custe de 5.537 euros.

Pouso tamén anotou o seu disenso ao respecto da Macomunidade Barbanza Arousa ao considerar que non se debería incrementar o gasto un 18% este ano, “non podemos aumentar esa contía no presente ano, temos unhas normas e unhas regras fiscais que debemos cumprir”. Para rematar Herminia falou da nominativa da Dorna aludinfo “que esas mentiras que manifestan en gastos están acreditados con papeis,
facturas e documentos contables” segundo dixo. Manifestou que non ten nada en contra da festa e indicoulles aos representantes que “sexan conscientes do esforzo económico que fai o Concello e tódolos ribeirenses para a celebración desta festa”.

A concelleira de Promoción Económica, Veva Betanzos falou de que o voto contrario de PP e PBBI no pleno de xullo bloqueou as subvencións nominativas perxudicando a tódalas entidades locais e atrasando o seu cobro e poñendo en risco o desenvolvemento de moitos proxectos. Betanzos comunicou que o seu grupo “nunca vai a entrar nese xogo por interese partidista”. A concelleira afeou a pretensión de recortar en cultura alegando que “retiran unha actividade que conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, e de asociacións como Culturmar, a Asociación Alberto Romero e a coordinadora de Festivas Galegos. Se retiramos as achegas non só perdemos actividades tamén perdemos oportunidades; a cultura non se valora co retorno económico a cultura valórase con mentes abertas e con coñecementos”.

Ao respecto das achegas á Mancomunidade se pretende reducir 10.000 euros da cuta a Mancomunidade; Betanzos argumentou que “esta cota non é un capricho senón unha obrigación; se non cumprimos corremos o risco de ser expulsados”, esto repercutiría en perder, proxectos, servizos e oportunidades para Ribeira como poden ser; o Museo de Salgadura de Castiñeiras, a sinalización turística, a rede de rutas enogastronómicas, o sistema de bicicletas eléctricas, as rozas de sendeiros municipais xunto co camiño A Orixe, probas deportivas e un largo etc, rematou a concelleira.

A proposta aprobouse por unanimidade por parte da Corporación rematando así o segundo pleno extraordinario.

Deja un comentario