Saturday 16 de August de 2025

Máis de 130 bailaríns participarán na décimo quinta edición de Salsa na Rúa


Un ano máis e rematando o mes de agosto, chega Salsa na Rúa dentro da programación de Lecer na Ribeira da concellería de Cultura capitaneada por Antía Alberte que se achegou á presentación xunto co responsable da escola de baile El Tomasón, Orlando González e as súas alumnas..

A décimo quinta edición do festival terá lugar no derradeiro fin de semana de agosto, concretamente o venres 29 e o sábado 30 e se levarán a cabo na avenida do Malecón e na rúa Alcalá Galiano onde haberá obradoiros, shows e actuacións de diferentes estilos,

A concelleira de Cultura denominou o festival coma unha cita tradicional que marca “o peche do verán con gañas, con furor e con talento”. Antía convidou a visitantes e veciños “porque é un espectáculo merecedor de ser visto e ademais ven xente de diferentes países e de escolas galegas de baile”.
Finalizou dándolle os parabéns a Orlanto xunto coa Asociación Haveira polos quince anos de Salsa na Rúa.

Orlando González anunciou que nesta edición, “termos artistas de República Dominicana, Brasil, Portugal, Nicaragua e de Senegal, bailaríns de 8 escolas de Galicia xunto a tódalas escolas de baile El Tomasón”. González informou que para celebrar esta décimo quinta edición se confeccionou un programa máis amplo, “ampliando os obradoiros pola tarde, os “shows” serán o venres e sábado e se vai a pechar cun social; venres 29 na rúa Alcalá Galiano e o sábado na avenida do Malecón dende ás 23:00 horas”.

En canto aos artistas anunciou a presenza de Pablo López que é campión de República Dominicana en bachata urbana, Alberto Freire campión de Nicaragua de bachata sensual, Dj johhhnny e a roda de casino da Familia Zamora entre outros.

Orlando rematou salientando a variedade das propostas de baile, onde non só haberá bailes latinos e de salón senón que tamén teremos; “baile moderno, comercial-dance, hip hop, baile africano e as diferentes propostas das escolas invitadas de toda Galicia”.

Deja un comentario