Thursday 14 de August de 2025

BarbanTEA impulsa un empréstito de cascos de cancelación de ruído nas festas do Carme dos Pincheiros


· Instalarán un posto na Alameda que estará en funcionamento de 18:00 a 00:00 horas do domingo, 17 de agosto

A asociación BarbanTEA, entidade comarcal fundada en 2024 para traballar pola inclusión das persoas con autismo e as súas familias no Barbanza, instalará o vindeiro domingo, 17 de agosto, un posto de empréstito de cascos de cancelación de ruído con motivo das festas do Carme dos Pincheiros. Estará localizado na Alameda e funcionará de 18:00 a 00:00 horas.

A actividade, organizada coa colaboración da concellería de Servizos Sociais, ofrecerá de xeito gratuíto este servizo, que está pensado para persoas que precisen reducir o impacto sonoro das celebracións e poder gozar delas con maior comodidade. Para acceder ao servizo, só será necesaria unha fianza de 10€ e facilitar uns datos de contacto a través dun formulario proporcionado pola propia entidade.

A concelleira da área, Amparo Cerecedo, apuntou que con esta iniciativa “buscamos que as nosas festas sexan un espazo máis inclusivo, onde as necesidades especiais de persoas con TEA e doutros colectivos con sensibilidade ao ruído sexan tidas en conta e, así, que elas tamén poidan gozar destas celebracións”.

Deja un comentario