
Permanecerá na praza da casa consistorial de 12 a 15 h e de 17 a 20 h
A campaña Galicia Sabe Amar regresa a Neda, e unha das súas foodtrucks permanecerá este venres 15 de agosto na praza do Concello, xunto á casa consistorial, para ofrecer o sabor do noso mar. Alí, veciños e veciñas poderán degustar saborosos petiscos elaborados a base de produtos certificados do mar e da terra. Será en horario de 12:00 a 15:00 h e de 17:00 a 20:00 horas.
A iniciativa, que promove a Consellería do Mar, busca animar o consumo de produtos do mar entre a cidadanía, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.