
“Poldra. Literatura expandida” en Ribeira. Esta iniciativa da Deputación da Coruña trae ata o Centro Cultural Lustres Rivas, baixo a dirección de Yolanda Castaño, a autora italobrasileira Francesca Cricelli para achegármonos á súa obra, e mais coñecer o relato sobre o que está a ser para ela a residencia literaria na Coruña.
A autora está a traballar durante este mes de agosto no seu proxecto Interspecies Intimacies, unha proposta estruturada en dúas seccións: ‘Erótica Planetaria’, sobre a dimensión libidinal das relacións ecolóxicas, e ‘Maternidade Natural (Un bestiario irónico)’, a exploración lírica da experiencia materna a través do prisma da etoloxía animal, proxecto que se enmarca na Residenciade Conciliación para Nais Escritoras (ou principais coidadoras) do Concello da Coruña.
“Poldra. Literatura expandida”. Charla/encontro con Francesca Cricelli
Data: 21/08/2025
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Inscrición: normalizacion@ribeira.gal (á volta do correo as persoas interesadas en participar recibirán unha escolma en pdf da obra de Francesca Cricelli).ç
Francesca Cricelli (São Paulo, 1982) publicou varios libros de poesía en portugués e en edicións bilingües, con tradución ao italiano, castelán, inglés e islandés. Doutora en Literatura Moderna e Tradución pola Universidade de São Paulo, reside en Reykjavík e investiga na actualidade sobre representacións da maternidade na literatura contemporánea. Tamén é tradutora de autoras como Elena Ferrante, Igiaba Scego e Halldór Laxness.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.