Thursday 14 de August de 2025

Ribeira contará con dous novos desfibriladores


No día de hoxe o rexedor, Luís Pérez xunto ao concelleiro de Sanidade, Luis Furones, compareceron para presentar os dous novos desfibriladores adquiridos para o Concello de Ribeira.

O concelleiro de sanidade celebrou a boa nova desta adquisición, e anunciou que “hai dous máis en camiño, e estes dous primeiros serán destinados para a Policía Local in itinere e outro para o Mercado Municipal”. O concelleiro salientou que con esta compra “se mellorará considerablemente na prevención do risco cardíaco da veciñanza de Ribeira”.

Furones explicou que na compra dos desfibriladores, vai incluído o mantemento do mesmo, “que ata do agora non se viña facendo nas anteriores adquisicións”.

O concelleiro informou que se están procurando xornadas formativas de manexo deste tipo de dispositivos, “porque este tipo de aparellos igual que son capaces de salvar vidas tamén son capaces de quitalas polo risco eléctrico que podan ter”.

Pérez Barral manifestou que grazas a estas compras, “Ribeira vai a ter máis de 20 equipos tanto públicos como privados para salvagardar a saúde da poboación en caso de infarto”. O alcalde recordou a actuación da Policía Local cun veciño, “que lle conseguíron salvar a vida grazas ao desfibrilador e á boa actuación por parte dos axentes da Policía Local realizada nos xulgados de Ribeira”.

O rexedor xunto ao concelleiro se mostraron decididos a seguir avanzando nesta protección para que “calquera persoa que teña un risco de infarto poida estar a salvagarda”. O alcalde informou que “hai desfibriladores no Concello, na Policía Local, na Fieiteira, hai 5 no Grupo Municipal de Emerxencias –3 nas praias de maior afluencia máis dous nos seus vehículos de emerxencia–, no Xulgado, no Parque de Bombeiros, no Porto, no CEIP de Frións, no CEIP Heroínas de Sálvora, no IES Leliadoura, na Escola Náutico-Pesqueira e tamén en instalacións privadas que sumarían un total de máis de 20 desfibriladores para cardio-protexer á poboación”.

Barral fixo referencia as xornadas de formación que se están facendo grazas á colaboración da concellería de Sanidade xunto coa PAC, “para ensinar á poboación en tarefas de reanimación cardiopulmonar”.
Para rematar o concelleiro de Sanidade insistiu na importancia, no caso de atopar unha parada ou un infarto, “de “avisar antes de nada aos servizos sanitarios como primeira premisa e o desfibrilador iría despois sempre baixo a dirección ou supervisión dos propios servizos de emerxencia”

Deja un comentario