
Nacha Pop, Cómplices, No Me Pises que Llevo Chanclas, Melocos, Soraya, Javier Ojeda e La Poptelera actuarán na praza de María Pita a partir das 20.30 horas
O evento Locos por la Música regresa, por terceiro ano consecutivo, ás Festas de María Pita este xoves cun amplo elenco de iconas do pop rock nacional das décadas de 1980, 1990 e 2000. As actuación terán lugar na praza de María Pita, dentro do ciclo Noites de María Pita, a partir das 20.30 horas. “Desde o Goberno de Inés Rey buscamos ofrecer unha programación de festas variada e de gran calidade para todo tipo de públicos, adaptando cada xornada a unha xeración e un estilo diferente”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Esta é a terceira edición de Locos por la Música na Coruña, consolidándose como unha das grandes citas da programación das festas. Nas dúas anteriores edicións estes concertos congregaron a un total de 40.000 persoas. Esta edición contará con artistas como Nacha Pop, Cómplices, No me pises que llevo chanclas, Melocos, Javier Ojeda (Danza Invisible), Soraya, La Poptelera e DJ Cherry Coke.
Este evento aposta por reunir a grupos icónicos do pop e rock español de décadas pasadas, creando encontros xeracionais que combinan nostalxia, emoción e enerxía en espazos urbanos emblemáticos, como a Praza de María Pita, cunha atmosfera vibrante e accesible. A súa proposta foi sempre a de ofrecer música de calidade, afianzándose como unha tradición esperada cada verán. Ademais da súa consolidación na Coruña, Locos por la Música conta cunha ampla traxectoria noutras cidades de España, sumando numerosas edicións ao longo dos últimos anos en lugares como Madrid, Valencia, Málaga, Zaragoza ou Sevilla.
Horarios
● 20.30h: La Poptelera
● 20.50h: Soraya
● 21.10h: DJ Cherry Coke
● 21.25h: Javier Ojeda
● 21.55h: DJ Cherry Coke
● 22.10h: Melocos
● 22.40h: DJ Cherry Coke
● 22.55h: No Me Pises que Llevo Chanclas
● 23.25h: DJ Cherry Coke
● 23.40h: Nacha Pop
● 00.25h: DJ Cherry Coke
● 00.40h: Cómplices
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.