Friday 15 de August de 2025

O campo de fútbol do Val acollerá este domingo a oitava edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup


O campo de fútbol do Val acollerá este domingo, día 19, a oitava edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento con Félix Serantes e Bárbara Grandal, integrantes da directiva da Sociedade Deportiva O Val, que coorganiza o evento co Concello.
As semifinais deste torneo disputaranse pola mañá, a partir das 10:30, hora na que dará comezo o partido entre o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña. A continuación, ás 12:00 horas iniciarase o partido do Club Deportivo Lugo e o Celta de Vigo. Pola tarde será o turno da final de consolación, a partir das 17:30 horas, e a final deste Torneo xuvenil Sinde´s cup será ás 19:00 horas.
As persoas interesadas en asistir poden retirar as entradas nas oficinas do club do Val ou na billeteira, de luns a venres, a partir das 19:30 horas. O prezo para a xornada completa é de 10 euros, mentres que o de media xornada é de 7 e os menores de 16 anos pagarán un euro.
O edil de Deportes valorou o feito de que un ano máis se dispute este torneo xuvenil na cidade, poñendo en valor o traballo realizado dende a Sociedade Depoeriva O Val e animando á cidadanía a acudir ao evento para animar aos deportistas que participarán no mesmo.

Deja un comentario