
As actuacións celebraranse no Campo da Leña, agás a do sábado 16, que terá lugar na praza de María Pita
Este mércores 13 de agosto arrinca o Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña, que celebra nestas Festas de María Pita 2025 a súa edición número 38 coa presenza de grupos de diversas culturas. “Desde o Goberno de Inés Rey mantemos viva unha das grandes tradicións das nosas festas, achegando agrupacións de diferentes continentes á cidade co obxectivo de que a cidadanía coñeza a súa cultura”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña está organizado pola Asociación de Coros e Danzas “Eidos” e trae ás festas da Coruña a mostra de cultura popular e internacional máis importante de Galicia.
Nesta 38ª edición do festival estarán presentes grupos de África, América e Europa que nos presentarán as súas actuacións e, polo tanto, as súas culturas tradicionais en música, canto, indumentaria e baile. Este mércores todas as agrupacións serán recibidas pola alcaldesa, Inés Rey, no palacio municipal de María Pita.
As actuacións terán lugar os días: 13, 14, 15 e 17 no Campo da Leña, e o día 16 na Praza de María Pita, ás 20.00 horas. O obxectivo deste certame é preservar, difundir e promocionar calquera actividade que supoña o mantemento e divulgación da cultura popular e tradicional, nas súas vertentes de canto, danza, música e indumentaria.
As corais dos centros cívicos e Amizades actuarán en María Pita
Por outra banda, a vindeira semana comezará con dúas actuacións moi especiais nas Festas de María Pita, que terán lugar finalmente na praza de María Pita. Trátase da actuación das corais dos centros cívicos, o vindeiro luns 18 ás 20.00 horas e o concerto de Amizades do martes 19, tamén ás 20.00 horas.
Programa completo do Festival Internacional de Folclore
Mércores 13 de agosto
Ás 13:00 h: Recepción oficial no Excmo. Concello da Coruña.
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Gala inaugural. Tempo de actuación: 20 minutos.
Grupos participantes:
Asociación de Coros e Danzas “Eidos” – A Coruña (España)
Zespół Pieśni i Tańca Łany – Polonia
Ballet Jammu – Senegal
Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales – Chile
Xoves 14 de agosto
Ás 19:00 h: Presentación no Cantón Grande (Polonia e Senegal) e na Dársena da Mariña
(Chile), baile de 5 minutos.
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Tempo de actuación: 30 minutos.
Grupos participantes:
Ballet Jammu – Senegal
Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales – Chile
Zespół Pieśni i Tańca Łany – Polonia
Venres 15 de agosto
Ás 19:00 h: Presentación no Cantón Grande (Chile) e na Dársena da Mariña (Polonia e
Senegal), baile de 5 minutos.
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Tempo de actuación: 30 minutos (en dúas
partes).
Grupos participantes:
Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales – Chile
Zespół Pieśni i Tańca Łany – Polonia
Ballet Jammu – Senegal
Sábado 16 de agosto
Ás 19:00 h: Desfile por Palexo, Dársena e Praza de María Pita. Dous bailes de 3 minutos.
Ás 20:00 h: Actuación na Praza de María Pita. Tempo de actuación: 30 minutos (en dúas
partes).
Grupos participantes:
Zespół Pieśni i Tańca Łany – Polonia
Ballet Jammu – Senegal
Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales – Chile
Domingo 17 de agosto
Ás 19:00 h: Desfile por Cantón Grande, Rúa Real e Praza de María Pita. Dous bailes de 3
minutos.
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Gala de clausura do festival. Tempo de
actuación: 20 minutos.
Grupos participantes:
Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales – Chile
Zespół Pieśni i Tańca Łany – Polonia
Ballet Jammu – Senegal
Asociación de Coros e Danzas “Eidos” – A Coruña (España)
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.