
· O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, comprobaron o resultado dos traballos, acometidos en Figueira, Xunqueiras e Roupión.
Froito da escoita activa á veciñanza, o Concello acaba de concluír o arranxo de tres camiños situados nas parroquias de Caramiñal, O Xobre e Lesón. En todos os casos, as actuacións realizáronse, directamente, a partir das demandas das persoas residentes nestas zonas, e supuxeron a mellora e acondicionamento do estado destas vías municipais.
O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, visitaron os tres lugares para comprobar o resultado dos traballos, concluídos recentemente. Tanto o rexedor como a edil responsable da área de Obras inciden na importancia destas intervencións que “malia ser obras menores, son o resultado do contacto directo e da escoita activa á cidadanía”.
En concreto, os camiños sobre os que se actuou foron os do lugar de Figueira (Caramiñal), o de Xunqueiras (O Xobre) e un de Roupión (na parroquia de Lesón). Trátase de vías que se atopaban en mal estado de conservación e que presentaban deficiencias como fochancas e afundimentos ou problemas en canto á drenaxe da auga. As actuacións do Concello permitiron subsanar esas problemáticas reforzando, ademais, a seguridade viaria.
A previsión, tal e como avanzaron o rexedor e a concelleira, é “continuar con esta liña de traballo, executando labores similares noutros puntos do termo municipal, actuando naqueles camiños en peor estado de conservación “.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.