Tuesday 12 de August de 2025

Comunicado da Comisión de Festas da Laracha


Desde a Comisión de Festas da Laracha compartimos as medidas que imos levar a cabo durante os festexos para favorecer que as celebracións sexan máis compatibles co descanso e o benestar de todas e todos.

Sabemos que as festas son momentos de alegría e encontro, pero tamén somos conscientes de que non todo o mundo vive estas datas do mesmo xeito. Por iso, este ano incluímos iniciativas pensadas para respectar o descanso da veciñanza e tamén para facilitar a participación de quen prefira ou precise espazos máis tranquilos.
Horarios de tirada de bombas:
• Xoves 14:
o 22:30 h, anunciando o comezo da verbena.
• Venres 15:
o 9:00 h, só xunto á Igrexa Vella de Torás, con motivo da
tradicional Misa das Cociñeiras.
• Do Venres 15 ao Domingo 17:
o 10:30 h → Dianas e alboradas.
o 12:00 h → Pasarrúas.
o 13:30 h → Procesións.
o 22:30 h → Comezo das verbenas.
• Domingo 17:
o 00:00 h, sesión de fogos artificiais.

Horas Silenciosas:
Durante todos os días das festas, de 17:30 a 19:30 h, estableceranse as Horas Silenciosas nas atraccións, tempo durante o que se reducirá o volume da música.

Con esta medida queremos crear un entorno máis accesible para persoas con hipersensibilidade sensorial, así como para quen simplemente prefira un ambiente máis calmo.

Desfrutemos todas e todos:

Agardamos que estas iniciativas sexan ben recibidas e axuden a que todas as persoas poidan vivir e gozar das festas da Laracha ao seu xeito, con respecto e alegría compartida.

Grazas por acompañarnos, e… Felices Festas da Laracha!

Deja un comentario