
O acto, aberto á cidadanía, terá lugar o xoves 21 a partir das 19:00 horas
A Casa das palmeiras acollerá o vindeiro xoves 21 de agosto a presentación do último número, o 15, da “Revista Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid”. O acto, aberto á cidadanía, dará comezo ás 19:00 horas coa intervención do director da publicación, o escritor e Fillo Predilecto do Concello de Neda Vicente Araguas, e do secretario, Manuel Pereira.
O acto continuará cun recital poético no que tomarán a palabra, ademais de Vicente Araguas e Manuel Pereira, autores como Xoán García, Manuel Patinha, Pedro Rascado e Karlotti Do Val. E como broche de ouro, contaremos coa poeta Pura Tejelo, que sumará a súa voz ao recital poético colectivo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.