
Debido á celebración esta fin de semana das festas na honra a Santa María de Oleiros, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do mércores 13 e sábado 16 de agosto, en horario de 23 a 3 h. O obxectivo é continuar coa súa implicación activa, como vén facendo ata agora, na prevención e atención ante posibles casos de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra forma de violencia machista.
Estes Puntos Violeta funcionan como espazos de referencia, acollida e apoio psicolóxico, xestionados por persoal profesional especializado. Contan cun Protocolo de Actuación en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, son lugares de sensibilización abertos á cidadanía, onde se ofrece información e material divulgativo sobre recursos e servizos municipais, así como actividades de concienciación adaptadas a diferentes idades.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.