
A programación familiar estenderase desde este martes 12 ata o sábado 30 de agosto
As Festas de María Pita estarán presentes na práctica totalidade dos barrios da cidade cunha programación familiar, orientada ao público máis novo, que poderá gozar da maxia, a música, o teatro, os malabares e o humor que se ofrece a través de Cascarillarte. “Desde o Goberno de Inés Rey mantemos a nosa aposta de que as festas cheguen a todos os barrios e sexan para todos os públicos, cunha programación variada na rúa”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Con ata 16 espectáculos diferentes nas que as artes escénicas son as protagonistas, o programa festivo percorrerá as distintas zonas da cidade para lles achegar a cultura e a diversión ás coruñesas e coruñeses, con actividades pensadas para toda a familia e especialmente para o público infantil.
As Atochas – Monte Alto, Labañou e San Roque, a Agra do Orzán, Elviña e Monelos, o Ensanche, Oza – A Gaiteira e Os Castros, Matogrande, O Castrillón, Eirís, Palavea, Vioño, Os Mallos e Sagrada Familia, Santa Margarida e Mesoiro serán as zonas nas que a programación de Cascarillarte achegará as artes escénicas a todo o público.
A partir deste próximo martes 12 e ata o sábado 30 de agosto, a diversión encherá as principais prazas da cidade xa que é o humor o nexo común de todos os espectáculos que se desenvolverán nos barrios dentro da programación das festas. Danza, teatro, clown, malabares, monólogos, contos, maxia, estarán presentes nos máis variados recunchos da cidade durante todo o mes, nunha programación que se complementará coas tradicionais festas nos barrios.
Programación completa
Martes 12: ‘Charlatán Rodríguez’, de Rendos Pequeno – Campo da Leña – 19.30horas
Mércores 13: ‘O Chontófano de Dorothé’, de Sonsoles Penadique – Palavea –19.30 horas
Xoves 14: ‘Vicki e a felicidade’, de Bandullo Azul – Praza de Tabacos – 19.30horas
Sábado 16: Antuan de la Cream – A Gaiteira – 19.30 horas
Luns 18: ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’, de Pakolas – Praza de Vigo – 19.30horas
Martes 19: ‘Contos de nenas grandes e pequenas’, de Tropa de Trapo – Parquede Eirís – 18.00 horas
Martes 19: ‘Zona en obras’, de Brais das Hortas – Parque de Eirís – 19.30 horas
Mércores 20: ‘Abracadaver’, de Assircópatas – Praza das Conchiñas – 19.30horas
Xoves 21: ‘Picadiscos Marifaltri’, de María Faltri – Parque infantil de Matogrande –19.30 horas
Venres 22: ‘Crunch 2’, de Muu – Praza de Pablo Iglesias – 12.00 horas
Venres 22: ‘Peor imposible’, de Peter Punk – Parque de San Rosendo – 19.30horas
Sábado 23: ‘Experiencias en Familia’, de Mago Rafa – Aparcadoiro da Fábrica deArmas – 19.30 horas
Luns 25: ‘As palabras perdidas’, de Inventi Teatro – Explanada do CCM de NovoMesoiro – 19.30 horas
Martes 26: ‘Alquimia’, de Mago Teto – Praza Elíptica dos Rosales – 19.30 horas
Mércores 27: ‘Caderno de Cores e Cancións’, de Magín Blanco – Parque deVioño – 19.30 horas
Sábado 30: ‘Ondamini’, de Mamá Cabra – Parque de Santa Margarida – 19.30horas
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.