
A 80ª edición do torneo pechou unha intensa xornada de fútbol que comezou coa 28ª edición do Mini Teresa Herrera
O Trofeo Teresa Herrera viviu hoxe no estadio municipal de Riazor unha intensa xornada de fútbol, coa vitoria de Dépor ABANCA na XIII edición feminina e do Real Club Deportivo na 80ª edición masculina.
No encontro feminino, disputado ás 17.00 horas, as coruñesas impuxéronse por 2-0 ao Braga. Pola súa parte, no partido masculino, celebrado ás 20.00 horas, os branquiazuis fixeron o mesmo resultado fronte ao Le Havre.
A xornada comezou pola mañá coa celebración da 28ª edición do Mini Teresa Herrera, onde o Deportivo e o Calasanz gañaron nas categorías benxamín e prebenxamín.
Antes dos partidos da tarde, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no Palacio de María Pita aos equipos participantes nun acto institucional no que destacou “o prestixio internacional do torneo, que representa a historia, a igualdade e os valores do deporte que definen á nosa cidade”.
O Trofeo Teresa Herrera, o máis lonxevo dos torneos amigables de fútbol a nivel mundial, forma parte da programación das Festas de María Pita 2025 e está organizado polo Concello da Coruña en colaboración co Real Club Deportivo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.