
O Grupo Municipal Popular de Oleiros valorará solicitar a dimisión de García Seoane por neglixente.
Os municipios da área Metropolitana da Coruña levan en mans dos esquerda anos ou décadas, como o caso de Oleiros.
Son media ducia os servizos básicos de competencia e responsabilidade exclusivamente local. Entre eles, por suposto, está o da auga e o da rede de sumidoiros.
“Poderiamos dicir que nada debese de requirir máis atención, máis previsión por parte dos alcaldes que atendelo para que a cada domicilio do seu Concello chegue un caudal abundante de auga en condicións óptimas de consumo e que, á súa vez, tras ser utilizada sexa recollida por unhas redes de saneamento sen filtracións para, finalmente, ser depurada. “manifestou Loli Silva, Portavoz Popular.
“Está claro que non é así. Ademais, vén denunciando por uns -o Partido Popular- e recoñecendo e aprazando por outros -os alcaldes-, desde hai anos, os problemas existentes tanto na rede de auga como na de rede de sumidoiros.” engadiu Silva.
Para o Grupo Popular, existen perdas millonarias, en metros cúbicos e en euros, e “agora din que se van a poñer a buscalas. Mentres tanto, que non consumamos auga.” lamentou a portavoz.
“É de broma!!! Cunha boa cantidade de auga embalsada en Cecebre o problema -din- son os depósitos locais e as perdas das tubaxes, que cada vez son maiores porque non se arranxan soas, senón que cada día que pasa deterióranse máis, ao atoparse obsoletas pois son de fibrocemento.” asegurou Silva.
Para os populares, é inxustificable e todos son responsables, salvo a Alcaldesa de Cambre, que acaba de chegar.
Para o Grupo Municipal o caso máis lamentable e sanguento de todos é o de Oleiros, onde se tiran millóns en bens suntuarios, e non se destinan ao que son servizos básicos dunha poboación en constante crecemento, precisamente por unha ordenación urbanística destinada, segundo eles, á explotación salvaxe do territorio municipal.
“Esperemos non quedarnos sen auga este verán… Se non teriamos que pedir a dimisión de García Seoane.” afirmou a Portavoz do Grupo Municipal Popular Dolores de Silva.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.