
Participaron durante toda a semana 50 rapaces.
Hoxe concluíu a segunda edición do Divercamp, un dos campamentos de verán que organiza o Concello dentro da programación municipal, que se desenvolveu desde o pasado luns nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís de 9:30 a 13:30 horas.
Participaron cincuenta rapaces de idades comprendidas entre os tres e os doce anos. Durante os cinco días houbo diversidade de contidos, destacando os contacontos, xogos cooperativos como a busca do tesouro, obradoiros musicais e artísticos e talleres de intelixencia emocional, traballos manuais e robótica. Unha das características do Divercamp foi que as actividades se realizasen en catro idiomas, sendo algunhas delas en galego e outras en castelán, inglés e francés, co propósito de reforzar a aprendizaxe de todas as linguas.
Hoxe, no día da clausura, os participantes recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino, Cultura e Deportes, Patricia Bello.
Así conclúe a ampla oferta de campamentos de verán organizados polo Concello e que se veñen realizando desde finais de xuño cun rotundo éxito participativo. Ademais do Divercamp, realizáronse as habituais dúas quendas dos campamentos de Caión, o campamento urbano da Laracha e na principal novidade deste ano, o campamento dixital, houbo que facer finalmente tres quendas para atender todas as inscricións presentadas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.