
• Aplicou para elo unha partida prevista no Plan Único Social da Deputación da Coruña, con un investimento próximo aos 8.000 euros.
O Concello de Paderne vén de renovar completamente os equipos informáticos da Biblioteca para uso e desfrute da veciñanza. Un total de 10 equipos están instalados neste espazo, ao que acodiron esta mañá o alcalde, Sergio Platas, e a concelleira de Servicios Sociais, Marisa Abrodos, serán destinados tanto para consultas como para realizar obradoiros de informática.
Para este fin aplicouse unha partida prevista no Plan Único Social da Deputación da Coruña, cun investimento próximo aos 8.000 euros.
“Con esta renovación actualizamos os servizos da nosa Biblioteca, un lugar de lecer, de estudio e tamén de formación. Estes 10 ordenadores servirán para achegar un servizo de banda ancha e conectividade á veciñanza que, por unha cousa ou por outra, do que non poden dispoñer asiduamente”, asegurou o alcalde, Sergio Platas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.