
O Concello de Oleiros continuará coa renovación das beirarrúas das rúas Ícaro, Pegaso e Sendeiro, de Icaria, en Montrove. O investimento total será de 167.040,49 euros.
O proxecto permitirá mellorar a seguridade e accesibilidade peonil nesta zona, na que existe unha importante actividade empresarial. As obras centraranse nos tramos que presentan maior deterioro, onde as lousas soltas ou levantadas dificultan o tránsito e poden supoñer riscos para os peóns.
As obras comezarán este luns e durarán dous meses, aproximadamente.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.