
A música volve ser protagonista este sábado na feira Alfaroleiros coa actuación de A Banda da Loba, que ofrecerá o seu concerto ás 22 h na Praza Esther Pita. O concerto enmárcase na programación paralela da trixésimo primeira edición desta cita, que enche Oleiros de cultura e olería ata o domingo 10 de agosto.
A xornada incluirá tamén a actividade “Cociña e barro”, unha demostración de cociña en vivo que terá lugar no Parque Luís Seoane en dúas citas: de 13 a 14 h e de 20 a 21 h. Pola tarde, entre as 18:30 e as 20 h, celebrarase o obradoiro “A olería nas túas mans”, no que o público poderá experimentar de primeira man a elaboración de pezas de barro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.