Tuesday 12 de August de 2025

América Filgueira Grille será a pregoeira da 17ª edición das Rutas do Mar en Muxía


A armadora muxiá abrirá esta fin de semana unha das edicións máis multitudinarias desta festa mariñeira consolidada en Galicia

A vila de Muxía xa está preparada para acoller unha nova edición das Rutas do Mar, que este ano celebra a súa 17ª convocatoria cunha programación ambiciosa, chea de tradición, música e sabor mariñeiro. O acto inaugural terá lugar o sábado ás 11:00 h da mañá na Praza do Cabo da Vila, e contará cunha protagonista moi especial: América Filgueira Grille, veciña de Muxía e figura histórica do sector pesqueiro da Costa da Morte, será a encargada de pronunciar o pregón que dará comezo oficial ao evento.

América Filgueira é un símbolo de forza, traballo e amor polo mar. Comezou a súa traxectoria profesional aos 13 anos no mundo do congrio, e con tan só 16 anos emigrou a Francia. Logo de varios retornos, asentouse definitivamente en Muxía para iniciar, arredor do ano 1968, unha destacada carreira como armadora de barcos, converténdose nunha das primeiras mulleres da zona en desempeñar este papel. A súa elección como pregoeira supón un recoñecemento á súa vida ligada ao mar e á tradición mariñeira da vila.

Esta nova edición das Rutas do Mar contará co maior número de postos participantes ata o de agora, convertendo as rúas de Muxía nun animado mercado mariñeiro onde se mesturarán tradición, cultura e gastronomía. Durante toda a fin de semana, veciñanza e visitantes poderán gozar dun ambiente único, con produtos típicos do marpostos de artesanía e unha variada programación cultural.

música galega terá un protagonismo especial, coa participación de grupos locais que amenizarán as xornadas do sábado e domingo, enchendo as rúas de ritmo e identidade propia.

peche das Rutas do Mar será o domingo cun dobre evento na zona da lonxa e do malecón. Ás 20:30 h, o público poderá participar nunha degustación gratuíta de peixe espada, e ás 22:00 h, o recoñecido artista Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre ofrecerá un concerto que promete ser o colofón perfecto para unha fin de semana inesquecible.

Desde a organización anímase a toda a cidadanía a participar nesta festa do mar e da cultura mariñeira, que un ano máis converte a Muxía nun lugar de encontro, tradición e celebración.

Deja un comentario