
As nenas e nenos que participan no campamento socioeducativo Aldea de Verán visitaron este mércores o Concello de San Sadurniño, onde puideron ver de preto como funciona a administración local.
Durante a visita percorreron as distintas oficinas e espazos da Casa consistorial, deténdose nos principais servizos e mesmo na alcaldía, onde foron recibidas e recibidos polo rexedor local.
Secundino García Casal e a concelleira Mari Carmen Muíño Filgueira guiaron a rapazada polas dependencias municipais, explicando o traballo que se fai no Concello e respondendo ás curiosidades das pequenas e pequenos visitantes.
Segundo o alcalde, “foi unha mañá diferente e moi enriquecedora, tanto para as crianzas como para nós e o persoal do Concello”. Secundino García Casal engadiu que a visita tamén serviu para que as máis pequenas e pequenos “vaian coñecendo que é iso do servizo público e o importante que é a participación da veciñanza para mellorar o funcionamento da administración”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.