
• O acto terá lugar ás 20:00 horas no Local Social municipal.
O Local Social do Concello de Cariño acollerá este venres, 8 de agosto, a presentación do número 12 da revista Terras do Ortegal, que leva por título ‘Abrandares do Ortegal’. Este novo exemplar inclúe 340 páxinas con ata 13 artigos dedicados á figura feminina na comarca, poñendo en valor o seu papel ao longo da historia e na actualidade.
O acto, que terá lugar ás 20:00 horas, contará coa participación Xosé Lois Armada, científico do Incipit CSIC; Hixinio Puente, escritor, investigador e cronista de Mañón; Isabel Vigo, técnica do Museo do Pobo Galego; e Xosé María Torres, directivo de Terras do Ortegal.
Desde o Concello de Cariño convídase a veciños, veciñas e visitantes a asistir a este evento de divulgación cultural e patrimonial da comarca do Ortegal, que permitirá coñecer mellor a súa historia e as figuras femininas clave na mesma.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.