Thursday 07 de August de 2025

En breve quedará operativo o parque biosaudable e de calistenia que estamos a instalar na Praza do Hospital


A Concellaría de Deportes achega á veciñanza un novo recurso co que pretende facilitar a práctica do exercicio físico ao aire libre. Moi pronto estará operativo o novo parque biosaudable e de calistenia da Praza do Hospital, que se amplía como espazo de lecer para toda a cidadanía tras o peche ao tráfico dun treito da rúa Nicaragua.
A instalación dos aparatos está case a punto, como se aprecia nas imaxes. O Concello de Carballo realiza un investimento de máis de 30.000 euros para habilitar, por unha banda, unha zona de calistenia dotada dun equipamento multifuncional sobre un pavimento técnico e, por outra, un parque biosaudable composto por catro elementos: unha bicicleta, para exercitar o tren inferior; unha elíptica, para traballar pernas e brazos; un aparato dobre de ximnasia para exercitar cintura, abdome e peito, e outro similar que tamén permite traballar brazos e ombreiros.

Deja un comentario