Thursday 07 de August de 2025

A Policía Local de Ribeira intensificará os controis de velocidade en colaboración coa DXT


A Policía Local de Ribeira, en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), levará a cabo nos vindeiros días unha campaña especial de controis de velocidade en distintos puntos do termo municipal.

O obxectivo principal desta actuación é reforzar a seguridade viaria, reducir o risco de accidentes e fomentar o respecto polos límites de velocidade establecidos co obxectivo de salvar vidas. Os controis realizaranse de maneira aleatoria mediante radares móbiles.
“Actuaremos especialmente onde se detectan condutas reincidentes de exceso de velocidade para frear comportamentos perigosos e reforzar a protección dos peóns, porque o obxectivo é salvar vidas ou naquelas zonas onde o demanda a veciñanza por darse moita velocidade”.

Desde o Concello faise un chamamento “á colaboración cidadá e á responsabilidade no cumprimento das normas de circulación”. A seguridade viaria, engaden dende o Consistorio, “é unha tarefa colectiva, e esta campaña busca fomentar a concienciación para ter unha cidade segura e sen accidentes”.

O rexedor informou de que seguirán avaliando as necesidades do municipio para aplicar novas medidas de calmado de tráfico como as xa implantadas con pasos de peóns elevados, co reforzo da sinalización e pintura viaria.
Desde o Concello de Ribeira e a Policía Local, faise un chamamento á responsabilidade da cidadanía e recórdase que conducir a unha velocidade adecuada é clave para garantir a seguridade de condutores, peóns e demais usuarios da vía pública.

Deja un comentario