
O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolle mañá, ás 12:30h , o acto público de inauguración da XXXI edición da feira Alfaroleiros. Está prevista a asistencia entre outras personalidades do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso ; e a concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude, Mª José Santos Zas.
A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a recoñeceron os profesionais do sector, concentrará un ano máis aos mellores oleiros tradicionais do Estado español do país irmán, Portugal; que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.
Ao longo dos días da feira (de mércores a domingo), o Concello promove paralelamente unha ampla programación de espectáculos, concertos e actividades de lecer gratuítas e pensadas para todas as idades. Para a xornada de mañá mércores destaca o concerto de Catuxa Salom. Live Band Trio, ás 21:00 horas, no parque Luís Seoane.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.