Tuesday 05 de August de 2025

A alcaldesa recibiu a Candela Montero, Lucía Saura e Sofía Couce polos éxitos deportivos acadados no tenis de mesa


A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron esta mañá no Consistorio a Candela Montero, Lucía Saura e Sofía Couce, as dúas primeiras proclamadas recentemente campionas de España de dobres cadete e de equipos cadete e Sofía Couce medalla de bronce do campionato de Europa por equipos e campiona da Copa da Raíña. No acto estivo tamén presente o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, así como por familiares das deportistas.
Candela Montero é campiona de España dobles cadete e equipos cadete, subcampiona de España individual cadete, campiona do torneo estatal cadete e subcampiona do top nacional cadete.
Lucía Saura é actualmente campiona de España de dobres e de equipos cadete, bronce nacional individual cadete, subcampiona do torneo estatal cadete e de equipos no campionato de España escolar cadete
E Sofía Couce obtivo a medalla de bronce do campionato de Europa por equipos e tamén se alzou co primeiro posto na Copa da Raíña e quedou subcampiona de España xuvenil, e ten a medalla de bronce no campionato de España de dobres xuvenil e do torneo estatal xuvenil.
As tres contaron a súa experiencia nos campionatos e tamén recordaron os seus inicios e a súa traxectoria deportiva no Tenis de Mesa Narón. O presidente do club Tenis de Mesa Narón agradeceu o apoio do Concello “fundamental para acadar os éxitos conseguidos ata o de agora”.
Por parte do Concello, a alcaldesa e o edil de Deportes felicitáronas pola súa excelente traxectoria, polos éxitos máis recentes, os acadados anteriormente e os que virán no futuro. Ferreiro destacou o labor do Tenis de Mesa Narón, que reúne a persoas de moi diferentes idades na práctica deste deporte e que é todo un referente neste ámbito na cidade.

Deja un comentario