
• Actuarase nas instalacións deportivas: mellora da cuberta no polideportivo municipal, ampliación da cuberta das bancadas do campo de fútbol de Gallamonde e unha cuberta nunha pista de Vilanova.
• Mellorarase a sinalización horizontal en Costa Miño e executaranse prazas de aparcamento de alta rotación no centro urbano de Miño.
• Tamén se proxectan obras de mellora paisaxística na praia de Perbes, así como a mellora de camiños rurais en parcelas agrícolas na Torre, Bemantes.
O Concello de Miño levará a cabo un ambicioso paquete de investimentos valorado en 730.000 euros destinada a mellorar ou ampliar as infraestruturas e equipamentos municipais, reafirmando así a reactivación económica e o impulso que está a vivir nos últimos anos o municipio.
Unha parte fundamental deste investimento, centrarase na modernización das instalacións deportivas municipais, con actuacións destinadas a mellorar a súa funcionalidade e sustentabilidade. Neste marco, acometerase a optimización da eficiencia enerxética do polideportivo municipal, cun investimento de 107.000 euros, que conta cunha subvención de 60.000 euros, e a ampliación da cuberta na bancada do campo de fútbol de Gallamonde, cun orzamento de 68.500 euros. Ambas as actuacións financiaranse con cargo ao remanente de tesourería. Ademais, o Concello proxecta a construción dunha cuberta nunha pista polideportiva en Vilanova, cun investimento de 346.000 euros, para cuxa financiamento se solicitará unha subvención á Deputación da Coruña.
O goberno local tamén contempla actuacións en materia de mobilidade urbana, cun investimento próximo aos 40.000 euros procedente do remanente de tesourería. Esta partida permitirá acometer a mellora da sinalización horizontal en Costa Miño, orzada en 15.000 euros, así como a creación de prazas de aparcamento de alta rotación no centro urbano, cun investimento de 25.000 euros, co obxectivo de mellorar a fluidez do tráfico e favorecer o comercio local.
A planificación municipal complétase con dúas actuacións estratéxicas nos ámbitos ambiental e rural. Por unha banda, destinaranse 93.000 euros a unha intervención de mellora paisaxística na contorna da praia de Perbes, que permitirá acondicionar os accesos e reforzar o atractivo natural dun dos enclaves turísticos máis visitados do municipio. Doutra banda, investiranse 76.500 euros na mellora de camiños rurais en parcelas agrícolas da parroquia da Torre, en Bemantes, o que supoñerá un importante avance no acceso a explotacións e terreos da contorna rural.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destacou que “lestes investimentos son froito dunha xestión económica responsable, que nos permite mobilizar recursos propios para dar resposta ás necesidades reais dá veciñanza, impulsando deste xeito unha maior calidade de vida, e facendo de Miño un lugar cada vez máis atractivo”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.