Tuesday 05 de August de 2025

Neda organiza o venres unha nova sesión do programa “Tempo de encontros”, co parchís como protagonista


Veciños e veciñas teñen unha cita ás 19 h no exterior da Casa das palmeiras

O parchís será o gran protagonista da próxima entrega do programa “Tempo de encontros”. Celebrarase este venres 8 de agosto, en horario de 19 a 21 horas, e se o tempo acompaña -que así se prevé-, terá lugar no exterior da Casa das palmeiras. A iniciativa, aberta a toda a veciñanza, estase a consolidar na programación municipal tras a boa acollida das dúas primeiras sesións.

Preséntase como un espazo no que se fomenta a relación entre os veciños e veciñas de todas as idades cos xogos de mesa como epicentro. Deste xeito, esta proposta de carácter lúdico constitúe unha boa ferramenta para combater tamén a soidade non desexada.

O parchís, protagonista na primeira xornada, volverá ocupar o centro de atención este venres a petición das persoas participantes ata o momento. Iso si, non terá a exclusiva, xa que haberá tamén outros xogos.

Dende o Concello anímase á veciñanza a achegarse este venres e tomar parte na iniciativa.

Deja un comentario