
“Cos datos extraídos durante o pasado mes concluímos que non se corresponde coa necesidades básicas dos fogares, polo que nos vemos na obriga de prohibir rego, lavado de coches ou encher as piscinas”, advirte o alcalde, Sergio Platas.
O Concello de Paderne prohibe as accións domésticas que repercutan nun excesivo consumo de auga ante a detección dun elevado caudal durante o pasado mes de xullo derivado das análises realizadas polo persoal técnico.
“Cos datos extraídos durante o pasado mes concluímos que non se corresponde coas necesidades básicas dos fogares, polo que nos vemos na obriga de prohibir situacións dentro do ámbito do regadío, o lavado de coches ou o enchido de piscinas”, advirte o alcalde, Sergio Platas.
Cómpre lembrar á cidadanía que, ante o aviso de elevadas temperaturas que se agardan para esta semana, e polo ben común, “non se debe malgastar un ben tan prezado como a auga, ou verémonos na obriga de emprender medidas máis drásticas que unha mera prohibición”, advirten desde o executivo local.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.