Tuesday 05 de August de 2025

A Asociación Ambar celebra o seu peche de tempada cunha festa de verán á que asistiu a Directora Xeral de Discapacidade da Xunta


As persoas usuarias da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional puxeron o broche final á súa tempada de traballo cunha emotiva festa de verán o pasado venres 1 de agosto no Restaurante Baiuca de Ribeira. O evento, que serviu para dar a benvida ás vacacións de agosto, contou ca presenza de Begoña Abeijón Fernández, Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.

A xornada de convivencia e lecer foi un espazo para que toda a ‘Familia Ambar’ puidese celebrar o intenso traballo realizado durante o ano na promoción da inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional na comarca do Barbanza.

Dende a asociación, quixeron manifestar o seu agradecemento á Directora Xeral, Begoña Abeijón, pola súa asistencia e polo seu compromiso ca labor que a entidade desenvolve. A súa presenza é un claro sinal do apoio das administracións públicas ós esforzos por construír unha sociedade máis xusta e accesible para todas as persoas.

Ca chegada do mes de agosto, as persoas usuarias de Ambar inician un merecido descanso para recargar enerxías e volver con máis forza en setembro. O ‘Equipo Ambar’ volverá ca mesma ilusión e dedicación para continuar Impulsando Vidas Independentes en Comunidade.

Deja un comentario