
Naiara Chema Rivas, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Roi, Leria e Paula Koops actuarán na praza a partir das 22.00 horas
As Noites de María Pita chegan ao final da súa primeira parte nestas Festas de María Pita 2025 co regreso á cidade de Los40 Summer Live 2025. O espectáculo reunirá a algúns dos artistas emerxentes máis importantes do país a partir das 22.00 horas.
A cita contará coas actuacións de Naiara, gañadora de Operación Triunfo 2023; Chema Rivas, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Roi, Leria e Paula Koops. Ademais, estarán acompañados polo DJ David Álvarez, un dos rostros máis recoñecibles de Los40. Trátase dunha das 22 paradas que fará este espectáculo por todo o país e é un dos grandes referentes de cada verán nas Festas de María Pita.
“Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que as nosas festas teñan propostas para todo tipo de públicos e idades e indubidablemente Los40 Summer Live é a nosa gran aposta para o público máis novo”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Tras o concerto de Los40 Summer Live haberá un parón duns días do programa das Noites deMaría Pita pola celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia e o Certame de Habaneras na praza.
Dispositivo especial de transporte
Hai en marcha un dispositivo especial de transporte urbano durante as Noites de María Pita os días 1, 2, 3, 4, 5, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17 e 25 de agosto. Haberá saídas desde Porta Real a partir das 00.00 horas, hora prevista da finalización dos concertos.
O dispositivo consiste nunha liña identificada como 1 que dará cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Castros, Castrillón e Avda. de Monelos, unha liña identificada como 1A para as zonas de Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís, unha liña identificada como 3 que dará servizo ás zonas de Durmideiras e Monte Alto, unha liña identificada como 3A que dará servizo ás zonas de Labañou e Os Rosales, unha liña identificada como 6 que saíndo de Porta Real e que entrará por Juana de Vega á Praza de Pontevedra, Avda. de Fisterra, Ventorrillo e Meicende, unha liña identificada como 7 que saíndo de Porta Real entrará por Juana de Vega para dar servizo ás zonas de Peruleiro, Rolda de Outeiro, Ventorrillo e Vila de Negreira, unha liña identificada como 11 que saíndo de Porta Real pasará por Juana de Vega, Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla y Cancela e Os Mallos, unha liña identificada como 21 para dar cobertura a Ramón y Cajal, Pablo Picasso, Birloque e Novo Mesoiro. A estas liñas súmase a identificada como 24, que dará servizo ao barrio de A Zapateira.
Por outra banda, a partir da 00:05 horas entrará en servizo un servizo nocturno, no sentido inverso ao habitual, Porta Real – Os Castros – Castrillón – Monelos – Eiris – Palavea – Rolda de Outeiro. A partir da 00:30 horas entrará en servizo outro servizo nocturno, no sentido de circulación habitual Labañou – Rolda de Outeiro – Birloque – Novo Mesoiro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.