Monday 04 de August de 2025

O Concello de Oleiros subvencionará ás entidades culturais, veciñais, xuvenís e comisións de festas con 51.000 euros


O Concello de Oleiros abre a convocatoria de axudas económicas dirixidas a entidades veciñais, culturais, xuvenís e outras entidades sen ánimo de lucro, así como ás organizadoras das festas patronais, co obxectivo de fomentar e apoiar as súas actividades ao longo do ano 2025. En total, distribuiranse 51.000 euros entre todos os colectivos.

 

 

Esta convocatoria ten como finalidade apoiar e dinamizar as actividades culturais e a organización de festas patronais, co obxectivo de incentivar un lecer participativo e creativo, así como de promover a difusión e valorización das diversas expresións da cultura popular galega.

 

Poderán optar a estas axudas todas aquelas entidades veciñais, xuvenís, organizadoras de festas patronais e demais entidades sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros con anterioridade ao 31/12/2024.

 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o venres 22 de agosto (15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP -31/07/2025-) a través da Sede Electrónica.

 

BASES DA CONVOCATORIA:

 

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/07/31/2025_0000005010.pdf

Deja un comentario