Monday 04 de August de 2025

A cidade acollerá este sábado a VII Bandeira de traiñeiras Cidade de Narón


O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou esta mañá xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e vogal, respectivamente, do Club de Remo Narón, a sétima edición da Bandeira de traiñeiras Cidade de Narón. O evento desenvolverase este sábado, día 9, na enseada da Gándara e participarán deportistas dun total de once clubs.
Ademais do Club de Remo Narón competirán pola Bandeira Cidade de Narón os clubs Chapela, Tirán-Pereira, Samertolameu-Oversea, Bueu-Simei, Castropol, Urme, Mecos, Mugardos, Cabo da Cruz e Cesantes-Rodavigo. Os participantes percorrerán un tramo de 5.000 metros (tres millas náuticas) repartidos en catro longos, con saída da enseada da Gándara ás 16:00 horas ata o Puntal, cruzando a ría.
A competición será retransmitida pola canle TVG2 en directo e poderase ver tamén nunha pantalla que se instalará na zona da enseada da Gándara, nas inmediacións do local do Club de remo Narón, tal e como indicaron os representantes da entidade deportiva.
O edil de Deportes destacou o éxito desta convocatoria, reunindo en cada edición a numerosos clubs de remo. Santalla felicitou tamén aos representantes do Remo Narón polo seu recente sexto posto a regata celebrada en Cesantes, onde os remeiros naroneses lograron igualar o mellor posto histórico de Narón na Liga A, mellorando o posicionamento do club local na liga. Así mesmo, o concelleiro destacou o importante labor que desenvolve tamén coas bases e convocado a Escola de Remo, nos meses de xullo e agosto e dirixidas a menores a partir de 8 anos.

Deja un comentario