Monday 04 de August de 2025

Boqueixón recrea a histórica Batalla de Ponte Ledesma


O campo do río de Ponte Ledesma acolleu na tarde de onte domingo a tradicional recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, organizada polo Concello de Boqueixón. Un evento que recrea o enfrontamento que tivo lugar nese mesmo lugar nos primeiros días marzo de 1809 entre a veciñanza da zona, liderada pola Xunta de Trasdeza, e as tropas napoleónicas.

Como vén sendo habitual, o acto estivo dirixido polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa, que explicaron ao público presente os detalles deste feito histórico, no que participaron veciños e veciñas do municipio. Un enfrontamento no que, segundo contan as crónicas da época, só quedaron na casa as crianzas, os vellos e as persoas enfermas, xa que toda a veciñanza xuntouse para loitar. Non tiñan canóns nin pistolas, polo que portaron ferramentas (sachos, fouces, gadañas, paus, pedras…) e conseguiron o que semellaba imposible: dobregar ao daquela exército máis poderoso do planeta.

O Concelleiro de Turismo, José Luís Mareque, agradeceu o traballo da Consellería de Cultura, dos veciños e veciñas de Ponte Ledesma, así como de Suso Martínez e Manoele de Felisa na recreación deste evento histórico.

Deja un comentario