Monday 04 de August de 2025

A cidadanía entra por fin na Casa Cornide tras décadas de opacidade


A alcaldesa destacou o día como “histórico” e lembrou que “o obxectivo do Concello é que a casa volva ao patrimonio público”

Rey convidou á visita a Francisco Jorquera, voceiro do Bloque Nacionalista Galego; Alfredo Vigo Trasancos, membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; e Rubén Centeno, da directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

A Casa Cornide abriu este luns por primeira vez as súas portas ao público despois de décadas baixo o control da familia Franco, nun acceso limitado.
A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou as primeiras visitas ás instalacións e reclamou a necesidade de que a Casa Cornide volva ser pública: “o obxectivo do Concello é que esta casa volva ao patrimonio publico e mentras tanto que se garantice a sus protección como ben de interese cultural e que os cidadáns poidan visitala”.

Rey convidou á visita a Francisco Jorquera, voceiro do Bloque Nacionalista Galego; Alfredo Vigo Trasancos, membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; e Rubén Centeno, da directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. “Reservamos o día que se abrían as visitas e quixen que me acompañasen Francisco Jorquera polo BNG, por ser tamén un dos impulsores de que fora declarada BIC, xunto coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e Alfredo Vigo Trasancos, membro do Instituto José Cornide e historiador que asinou o estudo que fixo posible que fora declarada Ben de Interese Cultural” explicou.

A alcaldesa calificou o día de “momento histórico” e sinalou que é “destacable que os Franco por fin cumplan a lei e abran a Casa Cornide á cidadanía, un ben público que pasou a mans privadas nun momento no que o dictador e a súa muller crían que todo lles pertencía, incluido o patrimonio”.

Segundo informou, o Concello continúa o procedemento xudicial para recuperar a Casa Cornide como ben público. Esta actuación súmase á liña de traballo iniciada en decembro de 2019, cando se puxeron en marcha informes históricos e xurídicos que culminaron en 2023 coa declaración do edificio como Ben de Interese Cultural (BIC) por parte da Xunta.

A Casa Cornide é un exemplo único do barroco francés en Galicia e foi construída no século XVIII por Diego Cornide. Tras pasar polas mans do Ministerio de Educación e do Concello, foi entregada á familia Franco nun proceso rodeado de irregularidades que hoxe está en
revisión legal.

Deja un comentario