Monday 04 de August de 2025

As Somozas organiza unha excursión a Gijón para visitar a 68 Feria de Muestras de Asturias


• Terá lugar o 16 de agosto, con saída desde o Centro Cívico Sociocultural, ás 7:30 h. Ao redor das 20:00 h está previsto emprender o viaxe de volta ás Somozas.

• As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 8 de agosto, no Centro Cívico Sociocultural.

O Concello das Somozas organiza, o sábado 16 de agosto, unha excursión en autobús a Gijón para visitar a cidade e a 68ª Feria de Muestras de Asturias.

A saída está prevista desde o Centro Cívico Sociocultural, ás 7:30 horas, con chegada á cidade astur antes das 11:00 horas. O xantar terá lugar nun restaurante local ás 14:00 horas e sobre as 20:00 horas aproximadamente está previsto emprender o viaxe de volta ao noso municipio. O prezo inclúe autocar, restaurante e entrada á feira.

As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 8 de agosto, no Centro Cívico Sociocultural.

“Esta proposta busca ofrecer unha oportunidade para desfrutar dunha xornada de ocio, cultura e turismo en Asturias”, apunta o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Deja un comentario