Monday 04 de August de 2025

Feira Alfaroleiros en Santa Cruz, do 6 ao 10 de agosto


Desde este próximo mércores celébrase a XXXI Feira Alfaroleiros, moito máis que unha mostra de olería que atrae centenares de visitantes a Santa Cruz e a todo o Concello de Oleiros.

Alfaroleiros reúne en esta edición a 25 oleiros e oleiras tradicionais que se achegan desde diversos puntos da península ibérica, amosando a grande e rica cultura milenaria que traen consigo. Arredor da exposición, o Concello programa unha ampla e diversa oferta cultural.

Tanto a veciñanza como as persoas que visiten Santa Cruz nestes días terán a oportunidade de descubrir o traballo dos artesáns participantes, así como gozar de concertos, demostracións de olería, espectáculos de cociña con barro, obradoiros, maxia…

Consulta a programación cultural paralela á feira en www.oleiros.org

Deja un comentario