Sunday 03 de August de 2025

A Confraría de Pescadores de Laxe pon en valor a pesca artesanal nas IV Xornadas, apoidas por mar


A lonxa de Laxe viviu este domingo o último día das IV xornadas de pesca artesanal co nomeamento dos Embaixadores dos Pescados e Mariscos como acto central. O encontro contou coa asistencia da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, quen, en nome da Consellería do Mar, puxo en valor o extraordinario potencial alimenticio que ofrece o litoral galego, pois, da man dun sector comprometido coa sostibilidade, supón unha fonte xeradora de produtos de altísima calidade e representa a un dos piares máis importantes da economía galega.
O recoñecido presentador da Galega, Arturo Fernández, e o cociñeiro, Iván Domínguez, recolleron este distintivo, que outorga desde hai catro anos a confraría de pescadores a persoeiros cun profundo compromiso coa vila mariñeira e coa súa actividade marítimo-pesqueira. Showcookings, poxas en directo, degustacións de navalla e longueirón, e actividades para os máis pequenos, completaron o programa desta edición que, novamente, contou coa colaboración económica da Xunta de Galicia.

Deja un comentario