“Máis ca nunca como galegos, como españois e como europeos cremos na liberdade”, di
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o sentir e a conmoción de todo o pobo galego ante os atentados ocorridos en Bruxelas.
O titular da Xunta, que presidiu o minuto de silencio convocado en memoria das vítimas, afirmou que “máis ca nunca como galegos, como españois e como europeos cremos na liberdade”, ao que expresou a necesidade de estar unidos “para combater a ameaza de quen pretende coartarnos esa liberdade e de quen quere dividirnos”.
Feijóo afirmou que o sentir maioritario do pobo galego é seguir vivindo e convivindo nun ámbito de liberdades e nun Estado de Dereito; “e, por suposto, —abondou— non podemos aceptar, de ningún xeito, calquera fanatismo criminal que poida acabar coa vida de cidadáns inocentes, neste caso, na cidade das institucións europeas en Bruxelas”.