
● A axuda financiará un estudo histórico do xacemento e unha campaña informativa sobre a relevancia do castro.
● Ambos os concellos aspiran a que algún día o castro sexa un axente dinamizador de ambos os municipios
● O proxecto recibe o financiamento do GALP Gólfo Artabro Norte dentro do marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 para a dinamización económica e social do territorio costeiro.
● O proxecto ascende 38.236,00 € a sufragar entre o GALP e os concellos de Pontedeume e Miño.
O Castro de Centroña-Perbes é un gran “descoñecido” dentro do patrimonio arqueolóxico galego, pero polo seu tamaño e grao de conservación podería chegar a converterse nun referente da cultura castrexa no Golfo Ártabro e posiblemente de todo o noroeste peninsular. Por iso é polo que os concellos de Miño e Pontedeume uníronse nun proxecto que busca poñer en valor, primeiro, e logo protexer os restos do castro nun exemplo de cooperación local entre administracións para promover temas interese xeral e o patrimonio compartido.
O proxecto subvencionado polo GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) Golfo Ártabro Norte inclúe a redacción dun proxecto de divulgación e conservación do xacemento arqueolóxico, un estudo histórico e un plan de comunicación para dar a coñecer a relevancia e singularidade do castro, que inclúe campañas en redes, deseño de páxina web e paneis informativos.
O gasto total do proxecto é de 38.236,00 €, e a axuda concedida polo GALP Golfo *Ártbabro Norte é un 80% (30.279,04 €). Os Concellos de Miño e POontedeume abonarán o 20% restante.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.