
O alcalde, José Manuel Mato, asinou, esta semana, dous convenios de colaboración co Corme C.F. e co Puenteceso S.D. Cos acordos, de 13.000 euros cada un, o rexedor busca “apoiar a actividade de dous clubs cunha gran traxectoria no municipio e que realizan un labor esencial polo deporte do concello”.
A sinatura e mantemento destes convenios foi un dos compromisos que o primeiro edil adquirira coas directivas de ambos clubs: “o noso obxectivo é manter estas axudas ano a ano, mantendo as mesmas contías e dándolles estabilidade e seguridade a ambas as entidades deportivas”.
José Manuel Mato agradece o magnífico traballo “que realizan desde estas directivas e que contribúe a contar cunha programación deportiva variada para os nenos e nenas”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.