Saturday 02 de August de 2025

XXXI Alfaroleiros: os Señores do Barro volven a Santa Cruz do 6 ao 10 de agosto


Alfaroleiros chega este verán a súa trixésimo primeira edición como a feira de artesanía oleira máis singular, identitaria e natural. Un evento cultural de referencia para toda a comarca que sitúa o Parque Luis Seoane de Santa Cruz como punto de encontro e centro neurálxico da olería tradicional da Península Ibérica.

Como nestes últimos anos, máis dunha vintena de oleiros e oleiras procedentes de diversas zonas do Estado español e do país irmán, Portugal; venderán os seus produtos expostos no céspede do Parque Luis Seoane, convertendo Santa Cruz no epicentro festivo e cultural do Concello de Oleiros durante as primeiras xornadas de agosto.

Paralelamente á feira no mesmo Parque Luis Seoane e na Praza Esther Pita, terán lugar diversas actividades e actos de carácter lúdico-cultural para gozo e lecer da veciñanza e todas as persoas visitantes: concertos, espectáculos de maxia, danza e poesía; cociña e barro, demostracións de olería e concertos de música infantil.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Mércores 6 de agosto
12:30 h – Inauguración da feira
18:00 h – Demostracións de olería
20:00 h – Espectáculo de música Muiñada de Galeatro. Parque do Emigrante
21:00 h – Concerto de Catuxa Salom. Live Band Trío. Parque Luis Seoane.

Xoves 7 de agosto
13:00 h – Demostracións de olería
18:30 h – Demostracións de olería
20:00 h – Espectáculo de maxia de Martín Camiña “2 ilusionistas cunha menciña contra o fastío”. Praza Esther Pita.
21:30 h- Espectáculo Na Cerna do Son, danza, música e poesía. Parque Luis Seoane.

Venres 8 de agosto
13:00 h – Demostracións de olería
18:00 h – bautismo de barro
20:00 h – Concerto de música infantil “O libro máxico”, de Migallas Teatro. Parque Luis Seoane.
22:00 h – Concerto de Carlangas. Praza Esther Pita.

Sábado 9 de agosto
13:00-14:00 h – “Cociña e barro”, demostración de cociña en vivo. Parque Luis Seoane.
18:30-20:00 h – Obradoiro “A olería nas túas mans”. Parque Luis Seoane.
20:00-21:00 h – “Cociña e barro”, demostración de cociña en vivo. Parque Luis Seoane.
22:00 h – Concerto de A Banda da Loba. Praza Esther Pita.

Domingo 10 de agosto
13:00 h – Demostracións de olería
18:00-20:30 – Xogos Populares. Parque Luis Seoane.
19:30-21:00 h – Pasarrúas co Grupo de gaitas Santaia. Parque Luis Seoane.

Deja un comentario