Friday 01 de August de 2025

Rematan as “Xornadas de Verán”, que levaron a máis de 120 maiores de Brión de excursión a Mondoñedo e Ribadavia neste mes de xullo


Máis de sesenta veciños e veciñas de Brión, de 60 ou máis anos, participaron onte mércores na derradeira excursión das “Xornadas de Verán”, organizadas polo Concello de Brión. Unha saída que os levou ata Mondoñedo, Burela e Ribadeo, e na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Lago, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero.

A expedición saíu de Brión con destino Mondoñedo, vila pola que realizaron un percorrido guiado pola catedral e o Museo da Imprenta, ao tempo que aproveitaron para mercar produtos locais e de oficios tradicionais na Feira de Artesanía Os Muíños. Tras xantar en Burela, os maiores brioneses visitaron Ribadeo.

A concelleira de Servizos Sociais amósase moi satisfeita polo resultado destas catro sesión “pois así todos os nosos maiores tiveron a oportunidade de participar nas dúas propostas que eliximos e o autobús estivo sempre completo, polo que volveremos repetir a experiencia o ano que vén con novos destinos”.

Deja un comentario